O xulgado desestima unha das demandas de acoso sexual presentada por Iria Pinheiro

Desestimouse a demanda polo social mais a presentada polo penal está actualmente en fase de instrución.

O Xulgado do Social número 3 de Santiago desestimou a demanda polo social da actriz Iria Pinheiro contra o director do programa 'Con amor e compañía', José Luís Viñas, pois constata que non existiu "ningún indicio" de acoso sexual. Aliás, determina que a actuación da produtora ao coñecer os feitos foi "correcta". Unha decisión que é recorríbel.

 

Pinheiro denunciara en marzo perante a xustiza que foi vítima de acoso laboral e sexual durante a súa etapa neste programa mais, ouvidas as testemuñas, a xuíza non ve ningún tipo de contido de índole "sexual" ou "vexatorio". De aí que desestime esta demanda. Segundo recolle o auto, ao que tivo acceso Europa Press, o exposto en sede xudicial por parte dos implicados e das testemuñas permite á xuíza determinar que non se levou a cabo por parte do demandado" cara á actriz "ningún acto atentatorio de dereito fundamental".

 

Prosegue a demanda polo penal

 

Porén, a demanda por acoso sexual tamén foi pola vía penal e esta está en fase de instrución, segundo fontes da avogacía da defensa da actriz galega.