Contra as violencias machistas, contra a invisibilidade

Nun ano no que o impacto, brutal, da Covid-19 ameaza con esvaecer calquera outra realidade, unha data como a de hoxe serve para nos lembrar que, semanas antes da pandemia, a violencia machista acabara coa vida de Manuela Iglesias e Clara María Expósito e que aínda no confinamento os xulgados acumularon centos de denuncias de mulleres por unha situación que non cesa por máis que se invisibilice. Plataformas feministas, colectivos e voces individuais chaman hoxe á mobilización, malia as restricións, para que iso non ocorra.
A artista Nana creou en Tui un mural contra a violencia de xénero.
photo_camera A artista Nana creou en Tui un mural contra a violencia de xénero.