Agrávase coa COVID-19 a fenda de xénero nas prestacións por desemprego

Un informe da UXT recolle como máis de 60% das perceptoras de prestacións de menor importe son mulleres.

EuropaPress_2728597_limpiadora traballadoras do fogar
photo_camera (Europa Press)

O coronavirus alarga a fenda de xénero nas prestacións por desemprego. É a conclusión dun estudo a nivel de Estado da UXT, que apnta a que son eles os que prciben as prestacións contributivas de desemprego con contías máis altas mentres que son elas as que perciben maiores prestacións asistenciais.

“Mulleres á fronte, mulleres á retagarda. COVID-19, emprego e protección social” recolle que, no mes de marzo, 53% das persoas beneficiarias do conxunto de prestacións por desemprego foron mulleres, por 47% de homes.

Con todo, explica UXT; se temos en conta o tipo de prestación recoñecida, as mulleres son 49,17% da prestación contributiva, mentres son maioría no nivel asistencial, como o subsidio desemprego (54,36%), chegando até máis do 60% como beneficiarias do subsidio agrario ou na Renda Activa de Inserción.

A fenda tamén se dá na contía da prestación.”A fenda na contía media bruta diaria da prestación por desemprego alcanza 18%”. Neste sentido, os homes cobran 30,71 euros de contía bruta media diaria mentres as mulleres cobran 26,11.

Esta diferenza é o resultado da brecha salarial que sofren as mulleres cando están a traballar, os seus salarios son menores e, por tanto, os seus biques de cotización son menores e tradúcense en contías inferiores na prestación contributiva por desemprego.

Coronavirus agravou as desigualdades

O COVID-19 agravou as desigualdades laborais de xénero, incide o sindicato. “As mulleres foron as máis afectadas pola pandemia, 56,16% do total de persoas que a sufriron de maneira máis directa. Isto é debido a que elas estiveron máis expostas tanto pola concentración do desempeño de traballos de primeira liña durante a crise sanitaria, como pola asunción de coidados na familia que veu sendo tradicional nos fogares”.

Desta forma, indica, as mulleres son maioría nos que foron chamados traballos de primeira liña, con 1.310.000 mulleres ocupadas nestes sectores de actividade, por 401.700 homes.

En concreto, as traballadoras das Actividades Sanitarias e de Servizos Sociais son maioría, “o seu traballo está infravalorado e soportan unha fenda salarial de 29,33 % fronte aos seus compañeiros”.

Comentarios