Xuízo do Alvia

A defensa de Cortabitarte eríxeo en vítima do xuízo na última sesión: "Todo en Adif e Renfe fíxose ben agás a conduta do maquinista"

As defensas dos dous acusados, Andrés Cortabitarte e Francisco Garzón, teñen hoxe a última palabra na que será a derradeira sesión do xuízo iniciado en outubro e quedará, así, visto para sentenza. Mentres o letrado do ex director de Seguridade de Adif porfía en situar o maquinista como único responsábel por unha conduta "inusual, imprevisíbel e insólita" aos mandos do Alvia, a defensa deste último cre que Adif "creou un risco intolerábel".
Chegada de Andrés Cortabitarte, exculpado finalmente pola Fiscalía, ás dependencias da Cidade da Cultura habilitadas para unha das sesións do xuízo do Alvia. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
photo_camera Chegada de Andrés Cortabitarte, exculpado finalmente pola Fiscalía, ás dependencias da Cidade da Cultura habilitadas para unha das sesións do xuízo do Alvia. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
Comentarios