Un falecido e dous feridos graves tras impactar un tren contra un vehículo en Lugo

O tren após impactar co vehículo en Lugo (Foto: Garda Civil).
O home que perdeu a vida no accidente tiña 21 anos de idade.

Un tren impactou contra un coche con varios ocupantes nun paso a nivel na parroquia de Recimil, no municipio de Lugo, pasadas as 9 horas desta cuarta feira.

Segundo se puido coñecer, o accidente deixou un falecido de 21 anos de idade e dous feridos graves que se corresponden cos ocupantes do vehículo.

Segundo informa o 112 Galiza, os servizos sanitarios atópanse atendendo no punto aos ocupantes do vehículo. A circulación ferroviaria mantense cortada. Até o lugar enviouse a un autobús para evacuar aos pasaxeiros.

Entre outros medios, foron mobilizados a Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local, Bombeiros de Lugo e persoal de Urxencias Sanitarias da Galiza-061.