Xustiza

O Supremo estuda hoxe o recurso do 'Pequeno Nicolás' contra a sentenza da viaxe a Ribadeo: "A fachenda non é delito"

Francisco Nicolás Gómez Iglesias foi condenado en 2021 a tres anos de prisión pola viaxe que fixo en agosto de 2014 a Ribadeo facéndose pasar por unha ligazón entre o Goberno español e a Casa Real para impresionar o presidente do xigante do transporte por estrada ALSA, Jorge Cosmen. Aliás, ten pendentes outras dúas sentenzas condenatorias que aínda non son firmes, así como unha terceira absolución. Si é firme, pola contra, a condena a un ano e nove meses por falsificar un DNI para que un amigo fixese por el o exame da Selectividade de 2012.
O 'Pequeno Nicolás' chegando á Audiencia Nacional en febreiro do pasado ano. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)
photo_camera O 'Pequeno Nicolás' chegando á Audiencia Nacional en febreiro do pasado ano. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)
Comentarios