O sector de enfermaría concentrarase no Congreso pola tramitación da Lei de Seguridade do Paciente

Concentración de Satse nun centro sanitario de Lugo. (Foto: Carlos Castro/Europa Press)
Así o informou o Sindicato de Enfermaría (Satse), que explica que a Lei de Seguridade do Paciente entrou no Congreso en decembro de 2019, pero que a día de hoxe segue sen estar aprobada.

Enfermeiras e enfermeiros procedentes da Galiza concentraranse esta terza feira fronte ao Congreso para protestar polo "grave bloqueo" da tramitación parlamentaria da Lei de Seguridade do Paciente.

Así o informou o Sindicato de Enfermaría (Satse), que explica que a Lei de Seguridade do Paciente entrou no Congreso en decembro de 2019.

Porén, dous anos e cinco meses despois, seguen "sen poder garantir de maneira óptima a seguridade asistencial de máis de 47 millóns de persoas nos centros sanitarios e sociosanitarios" de todo o Estado español.

Satse lamenta que siga a "manterse unha excesiva asignación de pacientes por cada profesional de enfermería, que conleva máis riscos, complicacións, efectos adversos, reingresos e un incremento da mortalidade e morbilidade".

Á espera do debate de emendas parciais

O sindicato explica que a norma, que obtivo o respaldo de 700.000 persoas e da práctica totalidade dos grupos políticos, "segue agardando a que se produza o debate das emendas parciais".

Neste sentido, sinalan que a día de hoxe xa se "acordaron perto de 50 prórrogas na Mesa do Congreso".

O lema escollido polo persoal da enfermaría para esta concentración é 'Non máis atrasos. Esiximos ao Congreso que cumpra co seu compromiso'.

"Unha chamada de atención aos representantes políticos que se comprometeron no peor da pandemia para mellorar e reforzar" o Sistema Nacional de Saúde e que "están a demostrar cos seus feitos que xa non lles importa nada o presente e futuro da sanidade e dos seus profesionais", conclúe Satse.