Rosa Cerqueiro: "En catro anos a Xunta non fixo nada por corrixir a perda de dereitos en saúde mental"

O Movemento Galego de Saúde Mental asegura que o plan aprobado en xuño de 2020 para o coidado da saúde mental na Galiza non logrou aliviar as carencias do sistema. As listas de espera son as máis elevadas desde 2014. A incorporación de profesionais segue a ser insuficiente. A inequidade no acceso á atención sanitaria e a perda de dereitos fundamentais fechan o resumo da entidade no ecuador do plan.
A mocidade e as persoas maiores son dous dos colectivos máis castigados polo malestar emocional derivado da pandemia. (Foto: Europa Press).
photo_camera A mocidade e as persoas maiores son dous dos colectivos máis castigados polo malestar emocional derivado da pandemia. (Foto: Europa Press).
Comentarios