O BNG, gas a fondo: pide a transferencia de Tráfico e Seguridade viaria

A formación nacionalista organizou unha concentración de motos para visibilizar o incremento da sinistralidade nas estradas galegas e reclamar medidas de  protección para persoas motoristas e ciclistas  en vías urbanas e interurbanas.

FOTO NÉSTOR MOTO 1

O candidato do BNG ao Congreso pola Coruña, Néstor Rego subiuse a moto para reclamar a transferencia de Tráfico, circulación de vehículos e Seguridade viaria para Galiza. Fíxoo no marco dunha concentración e motos organizada polos nacionalistas no marco da campaña electoral para visibilizar o aumento da siniestralidade nas estradas galegas.


Rego asegurou que a transferencia de Tráfico a Galiza está relacionada coas melloras da calidade de vida de todos os galegos e galegas porque, na actualidade, recalcou, os accidentes de tráfico son “un auténtico drama” agravado polas deficiencias nas  infraestruturas viarias no país. Así, explicou, en Galiza prodúcese case 10% da mortandade nas estradas de todo o Estado español cando somos apenas 5% da poboación.

Rego afirmou que a transferencia de Tráfico a Galiza permitiría un mellor tratamento da rede viaria e avanzou que o BNG reclamará no Congreso a transferencia da AP-9 pero tamén, a autoestrada Santiago-Lalín ademais de  toda a rede que agora depende do Estado coas chamadas estradas nacionais que atravesan núcleos de poboación, unha das “maiores fontes de sinistralidade”, enfatizou.

Comentarios