A liña ferroviaria que conecta Ferrol e Ribadeo acumula deficiencias que non son reparadas. A Plataforma pola defensa do ferrocarril Ferrol-Ribadeo critica o “abandono” por parte de Renfe, Adif e o Ministerio dun tipo de tren, o de proximidade, que En Europa “estase a potenciar e funcionar de forma eficiente”.
A Plataforma considera que “sería oportuna a transferencia destes servizos á Xunta da Galiza, en conxunto coa creación dun operador público autonómico e a creación dun ente xestor da infraestrutura, como así estabelece e posibilita a lexislación”.
A xestión debe ser próxima ao servizo, apunta esta entidade, “e non de costas ao mesmo. Perder máis tempo só axuda ao deterioro dunha infraestrutura que nos pode prestar un bo servicio, sempre que sexa correctamente xestionada.
Sen unidades operativas
Nun comunicado, fan un repaso polas diferentes eivas, deficiencias e incidencias nesta liña ao longo dos últimos meses. Neste sentido, critican que “continuamos sen ter un parque móbil de unidades estábel en Ferrol (de cada pouco marchan unidades a Asturias e Cantabria), o que provoca que en moitos momentos non se dispoñan das unidades necesarias”.
Isto provoca supresións e unha inestabilidade no mantemento, desembocando en atrasos ou supresión, afirman. “Os talleres de Ferrol seguen sen contar cos medios suficientes para a reparación de todo tipo de avarías e mantementos. E non falemos de unidades que botan anos paradas sen reparar. Resulta vital desfacerse do “asturcentrismo” herdado da extinta Feve que segue a imperar nos directivos do ancho métrico. A única tregua que tivemos durante estes anos coas incidencias e atrasos, foi durante un período de un ano, que as unidades es tiveron fixas e mantidas na base-taller de Ferrol”.
Apeadeiros sen mantemento
Denuncian tamén que nesta liña haimediaduciadeapeadeirosearredoressenalumeado,porfaltademantemento básico (Cuqueira, Moeche, Sedes, Santa Icía…) e os proxectores alimentados con fotovoltaicainstalados ultimamente, só alumean dentro dos apeadeiros e durante 2-3 horas.
“Resulta terrible a falta de información de horarios de servizos nos apeadeiros, así como
oteléfonodeatencióndeAsturias,docalnonrespondeninguénenmoitasocasións.Reclamamosunha app en tempo real que funcione en todos os dispositivos, é un teléfono de atención coainformaciónnecesaria, atendido na Galiza,noshorarios nosquehaiservizos”.
Sen interventores
“Un ano máis vemos como os servizos non son cubertos polos interventores. Xa non falemos dos servizos de proximidade, falemos dos rexionais. A súa ausencia trae ter que deterse en todos os apeadeiros (acumular atrasos e castigar as unidades mecanicamente) e a falta dunha figura informativa e de seguridade a bordo. Renfe segue sen ser coñecedora da xente que transporta a diario, a maiores da falta de intervención nas unidades, varias máquinas de billetes en apeadeiros nunca funcionaron dende que se instalaron”