Óscar Carrete, voluntario nos labores de extinción: “Moito posto de mando avanzado e isto é un caos, importámoslles un 'nabo' ás Administracións"

Óscar Carrete leva unha semana colaborando, como voluntario, nos labores de extinción de incendios no Courel. Narra, en primeira persoa, o "caos" que padeceron durante as peores xornadas. Exemplifícao co lume que arrasou a aldea de Vilar, onde ficaban dúas persoas tratando de conter as lapas e que carecían de auga suficiente, cando "había unha carroceta parada, sen condutor, a escasos cinco quilómetros de alí". Asegura que con máis medios "a catástrofe nos sería tal" e carga contra a xestión da Xunta da Galiza.
Óscar Carrete, voluntario na extinción de incendios en Folgoso do Courel (Imaxe: Cedida).
photo_camera Óscar Carrete, voluntario na extinción de incendios en Folgoso do Courel (Imaxe: Cedida).
Comentarios