Once meses retido nun país en guerra: Pablo Costas, sen víveres nin auga potábel e abandonado polo Estado

O Ministerio de Exteriores afirma que non será posíbel repatriar o mariñeiro galego Pablo Costas "até se resolver a causa xudicial" aberta contra el por un presunto delito de pesca ilegal por parte das autoridades xudiciais de Al Mukallah (Iemen). O territorio está baixo a xurisdición dunha milicia apoiada polos Emiratos Árabes Unidos.
O capitán Pablo Costas —dereita— está acusado de pesca ilegal malia non se atoparen indicios (Foto: Cedida).
photo_camera O capitán Pablo Costas —dereita— está acusado de pesca ilegal polas autoridades locais malia non se atoparen indicios (Foto: Cedida).
Comentarios