Morre un traballador do servizo de recollida de lixo ao caer do camión no Ourol
Un traballador do servizo de recollida de lixo faleceu ao caer do camión no que traballaba no municipio de Ourol (A Mariña).
Segundo informa o 112 Galicia, ás 5.30 horas da madrugada recibiu aviso do suceso ocorrido na rúa da Igrexa. Ata alí acudiu unha dotación do 061, quen deu a voz de alerta.
#AXEGAInforma dun traballador falecido
— 112 Galicia (@112Galicia) July 1, 2025
📍Rúa da Igrexa, #Ourol
▶️Sufriu unha caída do camión da recollida do lixo
🚨Urxencias Sanitarias de Galicia-061, @guardiacivil, Protección Civil de Ourol
🔗https://t.co/Zx44e7QeJU pic.twitter.com/axpR07vqep
O home quedou inconsciente ao caer do vehículo e faleceu no lugar. Tamén foron avisados axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Ourol.