Manifestantes mobilízanse en Compostela en defensa da Lei Trans

Manifestantes este sábado na zona vella de Compostela (foto: César Arxina / Europa Press).
A polémica pola aprobación da Lei Trans e o debate que está a xerar no seo de partidos como políticos como o PSOE copou gran parte da lectura do manifesto da mobilización, xa ao finalizar a marcha fronte á Catedral de Santiago.

Centenares de persoas manifestáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar igualdade de dereitos para o colectivo transxénero e defender a aprobación da nova Lei Trans, actualmente en tramitación parlamentaria e que, aseguran, "acaba con máis de 40 anos de inxustizas".

A marcha comezou ás na compostelá Praza 8 de Marzo para atravesar a continuación algunhas das principais rúas da capital galega e terminar na Praza do Obradoiro, onde as convocantes (entre elas a asociación Arelas) se reuniron ao berro de consignas como 'o trans é real ou lei trans xa'.

Especial relevancia tiveron na marcha os familiares de menores trans, que reclamaron respecto e dereito de autodeterminación para eles.

A polémica pola aprobación da Lei Trans e o debate que está a xerar no seo de partidos como políticos como o PSOE copou gran parte da lectura do manifesto da mobilización, xa ao finalizar a marcha fronte á Catedral de Santiago.

"A lei é vital para pór fin ás cruzadas contra os trans", aseguraron, sinalando que supón unha forma legal de "acabar con 40 anos de inxustizas e de garantir a igualdade de dereitos", posto que "os trans están precarizados en todos os ámbitos das súas vidas".

Entre as propostas defendidas destacaron a prohibición das terapias de conversión, o recoñecemento legal ao xénero non binario e "deixar de negar o principio de autodeterminación á infancia trans".

"A dereita máis reaccionaria"

En chave política, apuntaron directamente á dereita "máis reaccionaria" e á extrema dereita como "ameaza real e palpábel" para o colectivo, que conta ademais, afirman, "coa pasividade dunha política supostamente democrática". "Os medios de comunicación tamén nos prexudican, difundindo bulos e dando voz aos nosos agresores", aseveraron.

Ademais, apelaron ás "persoas con sentido común do PSOE a que alcen a voz" fronte a aqueles que queren frear a nova norma e, avisan, de non ser así, "a furia trans concretarase en xornadas de mobilizacións fronte ás sedes do partido socialista para sinalalo claramente como responsábel".