A manifestación nacional do 8M será en Verín

Foto do primeiro encontro preparatorio de Galegas 8M 2020 en Ourense (Cedida)

Así o propón a plataforma Galegas 8M. A mobilización do Día internacional da muller traballadora será o 1 de marzo.

“Por acordo unánime de Galegas 8M a manifestación nacional previa ao 8M de 2020 será en Verín o domingo 1 de marzo”. Así notificou esta plataforma de unidade dos feminismos galegos a decisión sobre o lugar escollido para a mobilización central co gallo do 8M, Día internacional da muller traballadora, de 2020.

“A loita en Verín polo peche do paridoiro representa a loita pola dignificación dos coidados, dos dereitos sexuais e reprodutivos, dos servizos públicos; a loita contra a dispersión da poboación e o despoboamento do rural, e contra a violencia obstétrica. É unha loita pola vida”, indican desde 8M.

Esta terza feira, día 17, está convocada unha concentración diante do Parlamento da Galiza en protesto contra o feche do paridoiro