Feminismo chama a responder ao feche do paridoiro de Verín con concentracións por toda Galiza

Imaxe de arquivo dunha manifestación en Monterrei na defensa da sanidade pública.

Esta cuarta feira, nunha ducia de localidades e vilas galegas e baixo o lema ‘Verín non se pecha!’.

Unha ducia de vilas e cidades acollerá esta cuarta feira, 4 de decembro, concentracións para denunciar e rexeitar a decisión da Xunta de fechar o paridoiro do Hospital de Verín. Mobilizacións convocadas pola marcha Mundial das Mulleres: “Agresión institucional ás mulleres de Verín. Pechan o paritorio e as urxencias pediátricas. Chamamos o feminismo galego a responder nas rúas da Galiza. Entre todas podemos paralos!”, manifestan na convocatoria

Lugar e hora:

A Coruña, 20.30h no Obelisco.

Allariz, 20h na Praza do Concello

As Pontes, 20.30h na Praza do Hospital

Betanzos, 20h a carón do Palco da Música

Celanova, 20h na Praza

Compostela, 20h na Praza 8 de Marzo

Lalín, 20.30h diante do Casino

Lugo, 20h diante do Concello

 Monforte, 20.30h Praza de España

O Carballiño, 20h na Praza Maior

Ourense, 20h na Subdelegación do Goberno

Verín, 20h diante do HOSPITAL

Vigo, 20h no MARCO