A Garda Civil localizou no municipio de Monterrei o corpo sen vida dun home de 75 anos, desaparecido desde o mes de outubro.
Tal como informaron fontes da Garda Civil, produciuse o achado nun galpón anexo á súa vivenda.
As mesmas fontes explicaron que un sobriño do falecido informou a Garda Civil, a terza feira 18 de abril, da desaparición do home, indicando que non sabía nada del desde o 1 de outubro.
Así mesmo, esta persoa tamén aseguraba que o home non tiña relación nin coa familia nin coa veciñanza da zona.