Investigan a intencionalidade do fogo de Vigo en que morreron tres crianzas e a súa nai

Tres crianzas de entre 9 e 14 anos e mais a súa nai perderon a vida nun incendio rexistrado onte nun edificio situado no centro de Vigo. A veciñanza da rúa alerta da posíbel intencionalidade do lume. No momento do incendio estaban dispoñíbeis 17 bombeiros no canto de 20, o mínimo estabelecido na ordenanza municipal.
Dous axentes de policía traballando no portal número 6 da rúa Alfonso X o Sabio de Vigo, onde se produciu o tráxico incendio que acabou coa morte de catro persoas. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
photo_camera Dous axentes de policía traballando no portal número 6 da rúa Alfonso X o Sabio de Vigo, onde se produciu o tráxico incendio que acabou coa morte de catro persoas. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
Comentarios