Greenalia proxecta dous parques eólicos que Salvemos a Comarca de Ordes rexeita

Alcaldes da comarca de Ordes posan coa pancarta contra eolicos (Imaxe: Salvemos a comarca de Ordes)
Os parques, cuxa afectación esténdese aos municipios de Trazo, Carballo, Tordoia e Val do Dubra, están en estado de tramitación.

A compañía Greenalia, a enerxética cotizada con sede na Coruña, presentou dúas solicitudes para a instalación dos correspondentes parques eólicos nun espazo que abarca os municipios de Tordoia, Trazo e Val do Dubra, no primeiro caso, e Tordoia, Val do Dubra e Carballo no segundo. As solicitudes pódense consultar na web do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Veciñanza deses concellos, agrupada no colectivo Salvemos a comarca de Ordes, vén de emitir un comunicado no que rexeita a construción dos parques de vento. “Cada un deles”, sinalan as súas integrantes, “terían unha capacidade de máis de 500 MW de potencia”.

O colectivo argumenta que a instalación dos parques “son contrarios ás prioridades económicas e sociais dunha zona rural eminentemente agrícola e gandeira. Asemade, instan aos alcaldes da comarca, que no se momento apoiaron manifestos a nivel local para rexeitar proxectos desta natureza a informar á veciñanza dos datos na súa disposición, así como a obter máis información da propia promotora, Greenalia, e mais das Administracións competentes.

Desde a primavera de 2018, lembran estas veciñas, “son máis dunha ducia os proxectos eólicos presentados por diferentes empresas para tramitar ante a Xunta ou o Goberno estatal e que afectarían á comarca”.

O colectivo Salvemos a Comarca de Ordes fai fincapé no seu comunicado que a empresa promotora, Greenalia, incorporou recentemente á ex conselleira popular Beatriz Mato como directora de Desenvolvemento Corporativo e Responsabilidade Social Corporativa,