O 'Gozar' fornece unha saborosa inmersión no Entroido galego

Imaxe dunha das reportaxes do caderno 'Gozar'. (Foto: Nós Diario)
Tamén atoparás as mellores propostas de viños e mesmo os segredos que agocha un novo espazo natural da Galiza. Poder facerte co suplemento de ocio co Nós Diario que estará mañá a venda nos quiosques, librarías e na nosa tenda en liña.

Chega o momento de 'Gozar' da fin de semana co suplemento para o tempo de lecer de Nós Diario. Nesta edición, malia que na axenda as cancelacións das festas fosen maioría e os límites perimetrais ás veces asfixien, é tempo de pór o disfraz e saborear cada proposta do Entroido. Por iso, as reportaxes gastronómicas aparecen ben cheas de propostas culinarias tanto doces como salgadas.

O caderno ábrese co artigo de Noemí García 'O entroido na mesa'. No texto, a autora analiza algúns dos imprescindíbeis que teñen que estar no teu menú nestas datas sinaladas. Por exemplo, vas imaxinar que probas a androia ou a filloa máis saborosa que lembres. Coa lectura abrirás boca para buscar e cociñar estas delicias.

Pero non esquezas que ademais de orellas, filloas e freixós, neste momento presta comer un bo cocido ou un lacón con grelos. Xa o di Anxo Fole na reportaxe 'Nabos, nabizas e grelos, o segredo dos galegos'. Non deixes sen mirar algunhas das receitas que propón para tirarlle o máximo partido aos ingredientes.

Non podía ser de outra forma! Para celebrar ben hai que acompañar a comida dunha boa bebida refrescante. Nesta ocasión, por exemplo, Nuria Saborido Muñíz propón coñecer a "Tradición vitivinícola barbanzana" para escoller con coñecemento o acompañamento líquido.

E despois desta enchenta, é tempo de ir pasear. As e os lectores que estean no municipio terán a posibilidade de aproveitar agora, mais o resto tamén poden ir apuntando no almanaque -ou no móbil- a recomendación que fai Ramsés Pérez, representante do Proxecto Ríos de Adega, para ir pasear. O título do artigo xa resume o atractivo do roteiro: "Camiñando polo sobreiral do Arnego", unha zona na que respirar natureza e ver algunhas especies animais de interese.

Festas e opinións

No apartado Quen fai que comparten protagonismo o Merdeiro de Vigo, unhas xornadas dixitais de máscaras tradicionais e a proposta de concertos do programa Entróidate 2021 do Concello de Lugo. O caderno fecha co Selfie dedicado a unha entrevista a Roberto Rivas Reboredo, da Viñoteca do Mercado.

Se xa tes ganas de ler todos estes contidos, vai mañá ao quiosque ou accede á nosa loxa en liña para mercar o Nós Diario. E se queres evitar quedar sen el, fai a subscrición que estás desexando ter! De feito, tamén poderás contrastar puntos de vista coas opinións de Eva Cameán, da Senda da Nova en 'As nosas zonas húmidas'; 'Meu Rei', a cargo do youtuber Mario Brión.

Por último, conta co '(A)Gardemos' da escritora de viños Lorena Costas e os apuntamentos do guía Guido Álvarez Parga sobre '#LugoPatrimonioMundial'.