Caderno 'Gozar'

Gozar do río Tea: un espazo para os peixes e máis!

Achegámonos ao río Tea, un dos principais afluentes do Miño, cuns 50 km de lonxitude e a peculiaridade de non ter ningún encoro na súa zona baixa, permite manter unha dinámica fluvial pouco alterada, especialmente para as comunidades de peixes. Nace na serra do Suído, no concello de Covelo, e percorre a comarca do Condado até desembocar en Salvaterra de Miño. Incluída na Rede Natura 2000, declarouse espazo de interese comunitario en 2001 polos seus valores naturais e a fauna e flora que acolle.
Un corzo escóndese tras unhas herbas ao carón do río Tea (Imaxe: Nós Diario)
photo_camera Un corzo escóndese tras unhas herbas ao carón do río Tea (Imaxe: Nós Diario)
Comentarios