Estas son as gasolineiras máis baratas da Galiza hoxe, 16 de marzo

Gasolineira no concello de Paradela, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press)

  A Coruña é a única provincia onde nesta cuarta feira se supera o prezo de de dous euros por litro de combustíbel.

O prezo medio da gasolina na Galiza atópase este 16 de marzo en 1,866 euros/litro, sendo o prezo mínimo 1.86 euros/l e o máximo 1,871 euros/l. Por circunscricións, A Coruña e Lugo son as dúas cun maior prezo.

No caso da Coruña, o prezo medio sitúase en 1,871 euros/l. En canto aos prezos mínimo e máximo, son 1,799 e 2,032 euros/l, sendo a única das catro provincias na que o prezo da gasolina supera os dous euros por litro de combustíbel.

Pola súa banda, Lugo rexistra tamén un prezo medio de 1,871 euros/l, mentres que o prezo mínimo e máximo sitúase en 1,789 e 1,959 euros/l respectivamente.

No outros extremo atópanse Pontevedra e Ourense. En Pontevedra, o prezo medio sitúase nesta cuarta feira en 1,86 euros/litro, o máis baixo de toda a Galiza. O prezo mínimo da gasolina está en 1,799 euros/l e o máximo en 1,944 euros/l. Ourense ten un prezo medio de 1,862 euros/l, e rexistra un prezo mínimo e máximo de 1,795 e 1,96 euros/litro respectivamente.

Gasolineiras máis baratas 

No seguinte mapa, Nós Diario notifica as gasolineiras da Galiza nas que se pode atopar o combustíbel máis barato.