Sanidade reabre os centros de vacinación masiva e confía en inmunizar as crianzas "canto antes"

Punto de vacinación en Vigo (Foto: Europa Press)
O conselleiro de Sanidade avanzou que as medidas que poidan adoptarse na hostalería pola evolución da pandemia tomaranse "en función das características de cada estabelecemento e non pola incidencia acumulada de cada concello"

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, espera que a vacina contra a Covid para os escolares menores de 12 anos poida administrarse "canto antes". Así o manifestou, na reapertura dos centros de vacinación masiva para a administración da dose de reforzo a maiores de entre 70 a 79 anos.

Segundo comentou, moitos dos contaxios que se están dando na actualidade rexístranse entre os menores de 12 anos, polo que o conselleiro recoñeceu que "preocupa o ámbito educativo". Por iso, avogou porque a vacinación dos escolares poida realizarse "canto antes".

"Os brotes non se están centrando especialmente nos colexios", puntualizou. No entanto, o conselleiro de Sanidade afirmou que "canto antes" queren "facer esa vacinación" das crianzas.

Un terzo da dose actual

"Esperamos noticias nas próximas semanas" por parte da Axencia Europea do Medicamento para que avale as vacinas infantís, sostivo. "Falamos da contorna de dúas ou tres semanas", engadiu.

Na Galiza, afirmou García Comesaña está "todo preparado para empezar a vacinar esa poboación canto antes". "Sabemos que será un terzo da dose actual pero estamos pendentes de se vai ter unha presentación diferente", precisou.

Esténdese o uso da terceira sose

Sobre a vacinación da poboación de entre 60 e 69 anos e do persoal sanitario anunciada polo Goberno estatal, o conselleiro lamentou que o aviso se realizase "de maneira sorpresiva" e sen ser analizada no seo da Comisión de Saúde Pública, polo que solicitou que cesen estes anuncios "extemporáneos" e se clarififiquen os criterios de inmunización.

Hostalaría

Doutra banda, Julio García Comesaña, ratificou que as decisións para a hostalería pola evolución da pandemia tomaranse "en función das características de cada estabelecemento e non pola incidencia acumulada de cada concello".

Neste sentido, indicou que se poderán tomar outras medidas se a situación o exixe. A vindiera segunda feira representantes da Xunta reuniranse co sector da hostalaría para analizar a situación actual. De entrada, a Xunta opta por non modificar as capacidade e reforzar elementos que dean "mellores garantías", como o certificado Covid ou a renovación do aire como elementos diferenciadores.

De cara a xuntanza da próxima semana o presidente da Federación Galega de Hostalaría, Cheché Real, apuntouesat sexta feira a necesidade de que se poñan enriba da mesa "indemnizacións" ao sector ante posíbeis novas restricións.