Xustiza

Fiscalía pide arquivar a causa contra Begoña Gómez

Begoña Gómez (Eduardo Parra / Europa Press).
Fontes fiscais informaron de que o Ministerio Público presentou un recurso de apelación directa na que pide á Audiencia de Madrid que revogue o auto do 16 de abril de asinado polo xuíz Juan Carlos Peinado.

A Fiscalía de Madrid pediu arquivar as dilixencias de investigación que abriu o Xulgado de Instrución Número 41 de Madrid contra Begoña Gómez, esposa do presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, a raíz dunha denuncia da organización de extrema dereita Manos Limpias por presuntos delitos de tráfico de influencias e corrupción nos negocios.

Fontes fiscais informaron de que o Ministerio Público presentou un recurso de apelación directa na que pide á Audiencia de Madrid que revogue o auto do 16 de abril de asinado polo xuíz Juan Carlos Peinado.

As mesmas fontes precisaron que a Fiscalía pronunciouse así despois de que o instrutor lle dese traslado da causa esta cuarta feira mércores pola tarde, despois de que se dese a coñecer que se abriron as dilixencias que permanecen baixo segredo.

Peinado admitiu a trámite a denuncia contra Begoña Sánchez a pesar de que a propia organización Manos Limpias admitiu esta quinta feira que podería estar baseada en noticias falsas. "Será agora o xuíz quen deberá comprobar se estas informacións xornalísticas son certas ou non", afirmou o líder de Manos Limpias, Miguel Bernad, a través dun comunicado.

Segundo fontes xurídicas consultadas, o titular do xulgado -a pedimento de Manos Limpias- xa tería citado en calidade de testemuñas a dous responsábeis de medios de comunicación que publicaron as noticias nas que basea a acusación da organización de extrema dereita.

Noticias falsas

Peinado admitiu a trámite a denuncia contra Begoña Sánchez a pesar de que a propia organización Manos Limpias admitiu esta quinta feira que podería estar baseada en noticias falsas. "Será agora o xuíz quen deberá comprobar se estas informacións xornalísticas son certas ou non", afirmou o seu líder, Miguel Bernad, a través dun comunicado.

De feito, unha das oito informacións periodísticas que se inclúen na denuncia, elaborada polo dixital The Objective, puña sobre o foco a unha Begoña Gómez que resultou non ser a muller de Pedro Sánchez, senón unha cidadá con residencia na autonomía de Cantabria.