O Sergas fecha consultas en centros de saúde de Poio e Marín por falta de persoal após non cubrir as baixas

O Goberno galego non substitúe o persoal ausente polo período de vacacións, polo que o vindeiro 4 de xullo quedará sen médico, durante unha quincena, o ambulatorio de Raxó (Poio), mentres no centro de saúde de Marín son profesionais de Bueu quen están a cubrir as eivas neste lugar, deixando Bueu sen servizo de urxencias.
Os cadros de persoal están reducidos á metade en boa parte dos centros de saúde da Galiza. (Foto: Europa Press)
photo_camera Persoal de Bueu ten que desprazarse a Marín para cubrir as ausencias. (Foto: Europa Press)
Comentarios