Esta é XBB.1.5, a nova variante do Coronavirus que se propaga rapidamente nos EUA

A XBB.1.5 é unha variante da Covid (Foto: Nós Diario).
Durante unha sesión informativa, Tedros Adhanom Ghebreyesus expresou que, tras entrar ao cuarto ano da pandemia, o mundo presenta unha situación moito mellor respecto aos anteriores “debido á xestión da atención clínica, as vacinas e os tratamentos”.

O director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), Tedros Adhanom Ghebreyesus, alertou sobre a circulación dunha nova subvariante do virus responsábel da Covid-19, a XBB.1.5 que está a afectar con especial intensidade nos Estados Unidos.

Durante unha sesión informativa, Tedros Adhanom Ghebreyesus expresou que, tras entrar ao cuarto ano da pandemia, o mundo presenta unha situación moito mellor respecto aos anteriores “debido á xestión da atención clínica, as vacinas e os tratamentos”.

“Existe unha intensa transmisión e presión sobre os sistemas de saúde, particularmente nas rexións tépedas do hemisferio norte, e unha subvariante recombinante que se propaga rapidamente. XBB.1.5 é o recombinante de dúas sublinaxes BA.2", argumentou Ghebreyesus.

O director do organismo internacional alertou que a XBB.1.5 se identificou no pasado mes de outubro de 2022, e estendeuse por 29 países, con crecemento acelerado nalgunhas xeografías.

"A OMS está a seguilo de perto, avaliando, e informará do risco aos Estados Membros en consecuencia", indicou.

Así mesmo, Ghebreyesus aludiu a unha reunión decorrida esta semana entre o Grupo Asesor Técnico da OMS con expertos chineses para analizar a evolución do virus SARS-CoV-2, onde se emitiu unha declaración que sinalaba a necesidade de facer análises adicionais e compartir datos para comprender a evolución do virus.

"A OMS está preocupada polo risco para a vida na China e reiterou a importancia da vacinación, incluídas as doses de reforzo, para protexer contra a hospitalización, a enfermidade grave e a morte", subliñou.