Un equipo investigador descobre un planeta que "non debería existir"

O planeta TOI 5205b (Foto: Katherine Cain, the Carnegie Institution for Science).
Un equipo de astrónomos adscrito ao Instituto Carnegie para a Ciencia (ICC), de EUA, descubriu un inusual sistema planetario no cal existe un gran planeta xigante gaseoso similar a Xúpiter.

Un equipo de astrónomos adscrito ao Instituto Carnegie para a Ciencia (ICC), de EUA, descubriu un inusual sistema planetario no cal existe un gran planeta xigante gaseoso similar a Xúpiter, denominado TOI 5205b, orbita unha pequena estrela anana vermella, do tipo M, chamada TOI-5205.

Este 'Xúpiter' presenta unha das proporcións de masa máis altas para os planetas que orbitan estrelas ananas de tipo M, cunha proporción de masa de case 0,3 %. Este achado desafía ideas arraigadas sobre a formación deses planetas, comunicaron os especialistas.

Estrellas ananas de tipo M

As ananas M son as estrelas máis comúns na Vía Láctea: representan case as tres cuartas partes da nosa galaxia, aínda que non se poden ver a primeira ollada.

Polo seu pequeno tamaño, estas estrelas tenden a ser a metade de quentes que o sol e moito máis vermellas. Caracterízanse tamén por ter luminosidades moi baixas, pero en cambio gozan de vidas extremadamente longas.

As particularidades da súa formación fan moi pouco probábel que as orbiten planetas xigantes gaseosos. O planeta TOI 5205b foi identificado recentemente o Satélite de Sondaxe de Exoplanetas en Tránsito (TESS) da NASA.

Un "chícharo ao redor dun limón"

"A estrela anfitrioa, TOI-5205, é case catro veces o tamaño de Xúpiter, pero dalgunha maneira logrou formar un planeta do tamaño de Xúpiter, o cal é bastante sorprendente", dixo Shubham Kanodia, quen dirixiu o estudo.

Até o de agora non se atopou ningún xigante gaseoso nun sistema planetario ao redor dunha anana M de baixa masa como TOI-5205 (ao redor de 40 % da masa do Sol). De feito, cando o TOI 5205b, cunha masa e un radio similar a Xúpiter, cruza fronte á súa anfitrioa, bloquea ao redor de 7% da súa luz, un dos tránsitos de exoplanetas máis grandes que se coñezan.

Segundo Kanodia, "un planeta similar a Xúpiter que orbita ao redor dunha estrela equivalente ao Sol podería compararse cun chícharo que vira ao redor dun limón. Fronte a TOI-5205b, porque a estrela anfitrioa é moito máis pequena, parécese máis a un chícharo ao redor dun limón". Os achados publicáronse en The Astronomical Journal.

Desafiando as teorías

A teoría máis comunmente aceptada en canto á formación de planetas gaseosos expón que se requiren ao redor de 10 masas terrestres de material rochoso, na órbita das estrelas novas, para que se acumulen e formen un núcleo rochoso masivo.

Despois, ese núcleo limpa rapidamente grandes cantidades de gas das rexións veciñas do disco xiratorio de gas e po, para formar o planeta xigante.

"A existencia de TOI-5205b amplía o que sabemos sobre os discos nos que nacen estes planetas", explicou Kanodia.

"Ao principio, se non hai suficiente material rochoso no disco para formar o núcleo inicial, entón non se pode formar un planeta xigante gaseoso. E ao final, se o disco se evapora antes de que se forme o núcleo masivo, entón tampouco se pode formar un planeta xigante gaseoso. Con todo, TOI-5205b formouse a pesar desas barreiras. Segundo a nosa comprensión nominal actual da formación de planetas, o TOI-5205b non debería existir; é un planeta 'prohibido'", manifestou a astrónoma.