Docentes denuncian unha perda de 18% no poder adquisitivo en 13 anos

Suso Bermello, terceiro pola dereira, secretario nacional da CIG-Ensino (Foto: Nós Diario).

A CIG-Ensino denunciou nesta segunda feira nun comunicado de prensa que o profesorado galego leva perdido 18,64% de poder adquisitivo con respecto a 2010 e 2,2% no último ano. 

A CIG-Ensino denunciou nesta segunda feira nun comunicado de prensa que o profesorado galego leva perdido 18,64% de poder adquisitivo con respecto a 2010 e 2,2% no último ano

O sindicato alerta de que, a pesar dos salarios dos profesores e das profesoras galegas non estaren referenciados coa evolución do Índice de Prezos de Consumo (IPC), estes índices oficiais interanuais non reflicten axeitadamente os efectos da carestía da vida "nos seus petos". "Se o Instituto Nacional de Estatística di que en 2022 subiron os prezos 6,4% na Galiza, esta debera ser a nosa suba salarial en 2023", defenden desde a CIG-Ensino

O mecanismo que o sindicato suxire para facer efectiva a medida proposta é incorporar unha cláusula de revisión salarial que recolla unha paga consolidábel ao final do ano coa diferenza entre a suba salarial inicial e o IPC real, "evitando que os nosos salarios perdan valor para afrontar os gastos diarios", sinalan. 

Tendo en conta isto, a CIG-Ensino reclama un "axuste" a comezos deste ano 2023, dado que en 2022 esa diferenza (entre a suba salarial inicial e o IPC real, logo de aplicar a suba de 1,5% en novembro) foi de 2,2%. 

Críticas ao acordo estatal

A CIG-Ensino critica que CCOO e UXT pactasen co Goberno español unha nova perda de poder adquisitivo para as traballadoras públicas cando "hai exactamente un ano cualificaban de insuficiente a suba aprobada unilateralmente polo Goberno dun 1,5%", sendo a suba do IPC interanual con respecto a 2021 de 4%. O sindicato denuncia que a suba salarial pactada súmase ao "devalo continuado" do salario do profesorado desde 2010.