No muro exterior do Vello Cárcere de Lugo, no Cantiño Nemesio Cobreros, apareceu debuxado un mural no que Alexandre Bóveda estaba no chan, na mesma postura que na obra A derradeira leición do mestre, de Castelao. A sinatura, o curmán de Banksy.
O BNG de Lugo propuxo que o mural artístico pase a formar parte da do contido expositivo deste espazo cultural municipal. “Nos muros deste edificio foron asasinadas persoas por un réxime fascista pola única razón de defender as súas ideas e unha sociedade máis xusta, igual que a figura que representou Castelao na súa obra a A Derradeira Lección do Mestre”.
Rubén Arroxo, portavoz municipal, apostou “por facer un oco para a arte urbana neste espazo e respectar este mural artístico que tivo un importante recoñecemento social e acadaou, de xeito masivo, a súa difusión a través da redes sociais e das novas formas de comunicación.