Covid: As vacinadas con Janssen recibirán unha nova picada a partir do 15 de novembro

A decisión transcendeu na tarde desta terza feira após unha nova xuntanza do Consello Interterritorial da Comisión de Saúde Pública, a través do que o Estado e as administracións dos distintos territorios están intentando buscar acordos para actuar en relación á pandemia unha vez retiradas as restricións máis elevadas. Na Galiza empregáronse 122.700 doses deste fármaco.
Un sanitario amosa unha vacina de Janssen. (Foto: Marta Fernández / Europa Press) #vacina #janssen #coronavirus
photo_camera Un sanitario amosa unha vacina de Janssen. (Foto: Marta Fernández / Europa Press)
Comentarios