Os contaxios nos centros de ensino duplican os de hai un ano, mais a Xunta redúceo a unha situación “excepcional”

Dúas semanas despois do inicio das clases en Infantil e Primaria hai 364 casos activos nos centros educativos, 203 máis que na mesma data no ano 2020. As autoridades sanitarias xa fecharon, cando menos, 17 aulas. As ANPA denuncian as elevadas ratios nas aulas ordenadas pola Xunta, que aumentan a concentración de estudantes por aula e favorecen o contaxio. Denuncian tamén o recorte de profesorado e desdobres.

Varias nenas e nenos, acompañados de familiares, agardan a entrar nun colexio de Lugo (Foto: Carlos Castro/Europa Press).
photo_camera Varias nenas e nenos, acompañados de familiares, agardan a entrar nun colexio de Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Comentarios