Unha concentración en Compostela condena a tentativa de golpe no Brasil e defende Lula

Concentración esta terza en Compostela (Foto: Europa Press).
As asistentes leron un manifesto en que participaron, entre outras, a portavoz de Compostela Aberta, María Rozas, ou a portavoz o Bloque Nacionalista Galego no Concello de Santiago, Goretti Sanmartín.

Esta terza feira, Santiago de Compostela foi o escenario dunha concentración "en defensa da democracia brasileira" e "en apoio ao presidente Lula da Silva" despois do asalto ás sedes dos tres poderes de Brasil o pasado domingo e que acabou con máis de 1.000 detidos.

As asistentes leron un manifesto en que participaron, entre outras, a portavoz de Compostela Aberta, María Rozas, ou a portavoz o Bloque Nacionalista Galego no Concello de Santiago, Goretti Sanmartín.

Convocados polo Comité Popular de Luta da Galiza, concentráronse "en defensa da democracia e das institucións" brasileiras e "en apoio ao presidente Lula", que tomou posesión o 1 de xaneiro de 2023.

Convocados polo Comité Popular de Luta da Galiza, concentráronse "en defensa da democracia e das institucións" brasileiras e "en apoio ao presidente Lula", que tomou posesión o 1 de xaneiro de 2023.

No manifesto, aseguraron que deste episodio os brasileiros sairán "fortalecidos e vencedores".

"Non existen dous 'Brasís', só existe un: o da xustiza social e do pobo brasileiro", proclamaron.

O presidente do Foro Galego de Inmigración, Miguel Fernández, sostivo que non se trata só de defender a democracia, "senón o dereito das persoas pobres".

Sobre isto, dixo estar convencido de que en Brasil "vai abrir un gran momento".