Feixoo compara o intento de golpe no Brasil coa protesta pacífica 'Rodea o Congreso' decorrida en Madrid

O pasado domingo, Feixoo non condenou explicitamente o asalto ao Palácio de Planalto (sede do Goberno brasileiro) nin manifestou o seu apoio ao Goberno lexítimo do Brasil.
O presidente do PP, Alberto Núñez Feixoo (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
photo_camera O presidente do PP, Alberto Núñez Feixoo esta terza feira (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).

Os acontecementos que están a ter lugar en Brasília, capital do Brasil, cun intento de Golpe de Estado por parte dos seguidores do ex presidente do país, Jair Bolsonaro, están a espertar as reaccións de gran parte do panorama político internacional.

O actual presidente do PP a nivel estatal e ex presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, tamén se pronunciou sobre o asunto.

O pasado domingo, Feixoo non condenou explicitamente o asalto ao Palácio de Planalto (sede do Goberno brasileiro) nin manifestou o seu apoio ao Goberno lexítimo do Brasil.

Esta terza feira, o presidente do PP volveu tratar a tentativa de Golpe de Estado e, de novo, fíxoo con declaracións un tanto controvertidas.

Nesta ocasión, Feixoo comparou este asalto ao Palácio de Planalto coa protesta ‘Rodea o Congreso’ que tivo lugar en Madrid no ano 2016.

Esta comparación levantou múltiples críticas, xa que, aquela protesta de 2016, fora convocada para denunciar o rescate aos bancos e os recortes sociais á poboación, mentres que a do Brasil tiña a intención de derrocar o lexítimo Goberno do presidente brasileiro Lula da Silva.

Protesta autorizada

Aliás, ‘Rodea o Congreso’ fora unha protesta autorizada e na cal as forzas policiais fixeran uso da forza contra as persoas manifestantes.

Para alén diso, a causa foi arquivada pola xustiza, que asegurou que a protesta “en ningún momento pretendeu invadir, acceder ou alterar o funcionamento do Congreso”.

Comentarios