O comité intercentros da CRTVG exixe dimisións ante os "novos episodios de manipulación informativa"

"O único corte escollido pola dirección da TVG para ilustrar a noticia das foxas comúns non se refería en absoluto a ela, senón que recolleu a pregunta dun blogue de internet da extrema dereita que inquiría a ministra Belarra sobre os mortos de Paracuellos, un episodio que a ultradereita utiliza decote nos seus discursos", lamentan, ao tempo que alertan da "deriva ideolóxica" da corporación.

A ministra Ione Belarra, na fosa de Colmenar Viejo. (Foto: Europa Press)
photo_camera A ministra Ione Belarra, na foxa de Colmenar Viejo, preguntada pola canle de extrema dereita 'EDATV'. (Foto: Europa Press)
Comentarios