Carlos Jiménez, expedientado pola CRTVG: "A sentenza do TSXG demostra que non debemos axeonllarnos ante o que é unha inxustiza"

O xornalista da Radio Galega Carlos Jiménez foi expedientado en 2018 pola CRTVG por mor dunha presunta "incompatibilidade" laboral que agora a Xustiza atribúe á súa participación no movemento 'Defende a Galega'. Jiménez conversa con 'Nós Diario' após coñecer o veredicto e asegura que ninguén o chamou aínda para pedir desculpas. "Só espero que asuman responsabilidades", afirma, convencido de que "a Xustiza neste país funciona" e que cómpre "denunciar todas as inxustizas". O propósito dos 'Venres Negros', subliña, non é "facer dano" á compañía, senón, precisamente, "defender uns medios que son de todas e todos".
O xornalista da Radio Galega Carlos Jiménez leva case 30 anos traballando para os medios públicos. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O xornalista da Radio Galega Carlos Jiménez leva case 30 anos traballando para os medios públicos. (Foto: Nós Diario)
Comentarios