Cestería galega: Unha tradición que supera fronteiras

Cestería galega: Unha tradición que supera fronteiras
A cestería é toda unha arte, unha tradición moi arraigada na Galiza que forma parte da artesanía galega xunto a outros oficios tradicionais

A cestería galega está a vivir un gran cambio, un oficio con moita historia dentro da artesanía galega, é un claro exemplo da volta ao tradicional cun novo estilo.

A diminución das actividades rurais e o éxodo da xente do rural cara aás cidades, contribuiu a que a profesión de cesteiro fora minguando pouco a pouco.

O auxe dos zocos: Artesanía tradicional galega con tinte contemporáneo

 

Aínda quedan artesáns que seguen con esta excelente labor

Como exemplo de tradición cesteira, atopamos toda unha mostra en Allariz, e máis concretamente no lugar de Santa Mariña de Augas Santas, onde se mestura a historia, as lendas e a tradición que da orixe a mellor cestería artesanal.

A cestería, unha tradición centenaria

A cestería é unha das artes máis antigas, unha actividade artesanal centenaria, que conta con máis anos que a oleiría. 

De feito na creación de cestos tradicionais só se usan materiais e fibras que atopamos na natureza, como o esparto, o vimbio, os xuncos, e moitas outras plantas.

A realidade actual centrada na tecnoloxía e o uso de tantos productos de rápido consumo fan que as veces, os oficios con máis historia se perdan e queden no olvido.

Pero están a xurdir dende algúns anos, obradoiros para preservar esta tradición onde a xente aprende por sí mesma as elaboracións destes obxectos que antigamente eran imprescindíbeis na vida cotiá.

Datas do Entroido 2020 na Galiza: Tanto se che gusta coma se non, consulta as datas do Entroido na Galiza 2020 e empeza cos plans

 

Cal son os materiais máis utilizados na cestería?

Moitos son os materiais cesteábeis, principalmente fibras vexetais dos que imos a falar a continuación.

O vimbio é un dos materiais máis usados xunto coa madeira. Este material leva formando parte da nosa vida non só na cestería, tamén en obxectos de uso decorativo como mesas, cadeiras ou lámpadas.

O esparto é outro dos materiais cuxa recolecta facíase antigamente a man, un traballo moi duro e incómodo. Un material moi usado para facer capachos, alpargatas, cestos de pescador e outros obxectos.

Cestería artesanal de vimbio

O vimbio é una fibra vexetal, unha especie de arbusto, que pertence a familia dos sauces. Para poder traballar con esta planta é preciso seleccionar as mellores fibras. Só os artesáns que levan anos traballando con este material, saben seleccionar os vimbios adecuados. Longos e finos.

Moita xente hoxe en día os compra, pero se cortas os teus propios brotes, debes deshidratalos, antes de poder comezar un traballo.

Se os compras, estarán secos, de xeito que terás que rehidratalos para que se poidan plegar, e así, poder comezar coa tarea de facer os cestos.

Un material doado de traballar, aínda que se necesita moita forza para plegalo. Co vimbio podemos fabricar non só cestos, cestas ou canastos, tamén mobles, baúis, lámpadas ou tecidos decorativos.

Alternativas ao Entroido na Galiza 2020: Descubre 4 plans alternativos

 

A contemporaneidade da cestería galega

Hoxe en día, a cestería tradicional é usada principalmente como elemento decorativo, aínda que comeza a ter visibilidade na moda como complemento ou como prenda de vestir.

'Baskets' é un ambicioso proxeto da firma de moda Loewe. Esta proposta conta cunha mostra de pezas únicas que foron expostas en Milán con moitvo da feira do moble e ademáis, unha colección de accesorios e pequenos obxectos que usan o vimbio e o xunco como materias primas básicas.

É un xeito de homenaxear este oficio contando coa colaboración de destacados cesteiros contemporáneos, como Álvaro Leiro, Idoia Cuesta ou As Raderias.

As pasarelas internacionais e as revistas de moda están facendo desta arte unha inversión. A finalidade decorativa da cestería está mudando do tradicional ó bohemio ou eco-chic. 

As fibras vexetais están de moda, e a cestería e todo o relacionado con esta tradición, comeza a ser parte da actualidade.

 

Artesáns da cestería galega

Unha xeración de artesáns galegos están facendo desta tradición un mundo novo dentro da cestería. Famosos por adaptar esta arte ó noso estilo de vida actual, mesturan novos materiais tratando de innovar nesta arte.

Lola Tourón

Lola é natural de Samos (Lugo). Fai 20 anos descubriu a cestería e mostra as súas obras en feiras e exposicións.

Lola expresa a sua creatividade con fibras vexetais, texiles, madeira, cerámica, papel, ou calquera outro que lle axude a traballar na súa inspiración.

Ela adica a mirande parte do seu tempo a impartir cursos para manter viva a cestería. Nestes obradoiros, usa materiais coma o centeo, a silva, o vimbio...

Idoia Cuesta

Dende o seu taller, Idoia Cuesta, artesá contemporánea, combina a cestería con novos materiais e diversos tecidos como a fibra marina. Como creadora textil e artesá creativa, está especializada en cestería, e é coñecida polos seus productos de interiorismo, paisaximo e moda.

Ten a súa propia liña de cestas de estilo nórdico, imparte obradoiros e colabora xunto a outros artesáns coa firma Loewe na confección de bolsos.

Manuel Rilo

Este coruñés mantén viva a tradición de facer cestos de maneira artesanal, pois aprendeu o oficio dun tío seu. Vive en Touro e imparte cursos de cestería organizados polo Concello dende fai nove anos.

Esta actividade ten moitas seguidoras, xa que a meirande parte destes cursos están formados por mulleres. 

A cestería galega está dando a volta ao mundo, e non só iso, está de moda. Moitos son os cursos que danse por toda a xeografía galega, proba de que esta arte está comezando a vivir unha segunda época dourada.