A castaña e unha chea de maneiras de cociñala, este sábado co suplemento 'Gozar'

Capa do suplemento 'Gozar' deste 24 de outubro.

O novo número do suplemento Gozar, que atoparás este sábado 24 de outubro nos quiosques xunto con Nós Diario, trae unha chea de ideas para preparar na casa co produto estrela do outono galego: a castaña. ‘Elas, as mulleres do mar’, da chef Lucía Freitas, é un artigo que rende homenaxe ás mariscadoras galegas e ás amas xaponesas que manteñen a tradición destes países. O Ratiño, una xoia dos viños brancos galegos, ou o proxecto Roteirríos de ADEGA que une ríos e persoas, son outras das información que atoparás, nun Gozar en que conversamos con Catuxa Irago, do emblemático Pub Avante de Compostela.

Este sábado no quiosque, Nós Diario trae un novo número do semanario Sermos Galiza e tamén do caderno Gozar, onde referentes de distintos sectores da sociedade galega falan de tradición e vangarda, de gastronomía, viños, natureza e viaxes.

A chef Lucía Freitas (A Tafona) enxalza en ‘Elas, as mulleres do mar’ as mariscadoras galegas e as amas xaponesas, vidas enlazadas que preservan a tradicións en cadanseus países.

Do rexurdir do froito que alimentou as galegas e galegos durante séculos, a castaña, fala Anxo Fole, que achega ideas sobre como conservala para todo o ano e pratos que elaborar, como crema de castañas e porros, caldo de rabizas con castañas ou mousse de chocolate e castaña.

A actriz Isabel Risco recomenda un lugar especial para ela onde descansar e gozar da contorna: a ría de Sada e Betanzos, Ares e Pontedeume, una xoia do país.

O viño Ratiño é unha xoia por descubrir na constelación dos brancos galegos. A iso anima Xan-Bautista Cambón neste novo número de Gozar, mentres que Lorena Costas conta o que hai detrás de Anónimas Viticultoras

Roteirríos, unindo persoas e ríos é o artigo de Ramsés Pérez, que fai una viaxe por distintos ríos da Galiza, mentres que o guía Guido Álvarez convida a descubrir e pór en valor o barrio do Carme, en Lugo.

Na contracapa atoparás unha conversa con Catuxa Irago  sobre o emblemático pub da zona vella de Compostela: o Avante.

 

Xa sabes que se queres estar ao día sobre a economía galega tes que conseguir o Producir que atoparás no teu quioque habitual acompañando Nós Diario. Se aínda non es subscritora ou subscritor podes inscribirte nesta ligazón.