Bande tamén di non aos eólicos ás portas do Xurés

Veciñanza de Bande, do Val do Limia e de Celanova, asociacións ecoloxistas como Adega e Amigos das Árbores de Ourense, representantes políticos e de colectivos sociais dixeron non á invasión eólica nunha camiñada polos lugares emblemáticos do Monte Grande, en Bande, este sábado. Foi a resposta organizada pola plataforma Stop Eólicos Xurés-Celanova diante dos plans da empresa Greenalia de instalar no lugar unha central eólica de 12 aeroxeradores e que afecta os concellos de Bande, Rairiz de Veiga e Verea.

Unha imaxe da concentración contra o proxecto de parque eólico.
photo_camera Unha imaxe da concentración contra o proxecto de parque eólico.
Comentarios