Greenalia aumenta a súa aposta eólica e tramita 520 MW a través do Estado

Greenalia quere construír sete novos parques eólicos que reunirían 93 turbinas e unha potencia de 520 MW, cun investimento que superaría os 700 millóns de euros. Cómpre salientar que un dos proxectos, Mistral, ficaría ás portas das Fragas do Eume e solaparíase co parque Santuario, promovido por Enel Green Power no mesmo espazo. Por outra banda, a Xunta vén de aprobar o parque eólico O Picoto (Arteixo).
Proxección dos sete novos parques eólicos de Greenalia que vén de dar a coñecer o BOE (Infografía: Nós Diario).
photo_camera Proxección dos sete novos parques eólicos de Greenalia que vén de dar a coñecer o BOE (Infografía: Nós Diario).
Comentarios