O banco de alimentos de Lugo, baixo mínimos. Só teñen reservas para dous meses

Un voluntario nun banco de alimentos (Foto: Banco de alimentos de Vigo).
A presidenta do banco, Amadora Núñez, precisou que teñen "seis produtos básicos, que son o arroz, a pasta, a fariña, o azucre, o aceite de xirasol e as lentellas". "Tendo iso xa teríamos todo", explicou.

O Banco de Alimentos de Lugo só ten reservas para dous meses e presenta carencias de fariña, azucre, aceite de xirasol e tamén lentellas.

A presidenta do banco, Amadora Núñez, precisou que teñen "seis produtos básicos, que son o arroz, a pasta, a fariña, o azucre, o aceite de xirasol e as lentellas". "Tendo iso xa teríamos todo", explicou.

Amadora Núñez constatou que van tirando con "arroz e pasta, pero de lentellas, fariña, azucre e aceite de xirasol "apenas teñen" nestes momentos.

Dous meses de reservas

Así deixou entrever que "as reservas" lles aguantarán "como moito, dous meses". O Banco de Alimentos de Lugo atende unhas 2.000 familias en Lugo, Monforte e A Mariña.

Amadora Núñez puxo o acento en que "as reservas marchan voando", alertando de que "é tanta a xente, tanta a necesidade e tal cantidade de solicitudes, que fan que, segundo entran as cousas, estas se esfumen".

"Hai que estirala [a repartición de alimentos] porque ademais non poden ir comprar. Hoxe un quilo de macarróns vale un euro corenta cando antes custaba 79 céntimos", explicou.

"Agora se compramos no banco 10.000 euros en comida, é como cando antes se pagaban 5.000 euros", ilustrou Amadora Núñez.