A Asemblea de Estudantes de Educación Social mobilizada contra a inseguridade do Campus Vida da USC

[imaxe: USC]. Vista aérea da Facultade de Ciencias da Eduación e Psicoloxía.

O Campus Sur de Santiago alberga 12 das 19 facultades da USC e varias residencias e colexios maiores. A inexistencia dun boa iluminación e a proliferación de casos de exhibicionismo e acoso fan que este non sexa un lugar seguro para ás transeúntes. Dende a Asemblea de Estudantes de Educación Social estanse mobilizando co obxectivo de visibilizar este abandono.

“O alumeado é insuficiente e o camiño non é seguro. Hai tramos nos que temos que utilizar a lanterna do móbil e existen puntos cegos, algo que tanto a universidade como o concello saben”. Este é un dos relatos que recolle a Asemblea de Estudantes de Educación Social nun comunicado co cal pretende evidenciar o abandono ao que se ve sometido o Campus Vida.

 

Nesta nota, a asociación estudantil pide a participación de todas as mulleres afectadas por esta situación, co obxectivo de iniciar un diálogo coas institucións responsables do Campus e establecer medidas inmediatas.  

 

No comunicado explícase que esta situación de desamparo deriva nunha inseguridade que  “se apodera tanto das estudantes como do persoal administrativo e docentes, renunciando a realizar certas actividades polo medo que manifestan ter cando teñen que regresar de noite”.

 

Precisamente a Facultade de Ciencias da Educación é un dos tramos máis afectados do Campus Vida. O seu emprazamento convértea nunha “zona pouco accesible e con diferentes casos de exhibicionismo, vandalismo e intentos de roubo”, tal e como explican dende a Asemblea.

 

Protestas sen resposta

 

A asociación estudantil amósase desconforme cas actuacións das institucións e asegura que “a tarefa tan sinxela de proporcionar alumeado non parece que sexa unha prioridade para ou goberno municipal de Santiago de Compostela nin para ou reitorado da USC”.

 

Neste sentido engade que non existe comunicación nin entendemento entre ambas, “existen diferentes situacións nas que as institucións competentes non asumen as súas responsabilidades e delegan a unha na outra sen que se resolva o problema”.