“Nin aulas sexistas nin normas franquistas”. Apoian as alumnas expdientadas pola USC por protestar contra o “machismo”

Varias ducias de persoas concentráronse para exixir que non se sancione ás alumnas que protestaron contra o profesor Luciano Méndez. “Fano en base a unha norma franquista”, afirman.

Varias ducias de persoas concentráronse nesta quinta feira perante o edificio do reitorado da USC para exixir que a Universidade non sancione as alumnas que en marzo pasado protestaron “pacificamente” contra o profesor Luciano Méndez polos seus “repetidos comentarios machistas”. As persoas concentradas demandaron, tamén, que se afaste da docencia na USC a este mestre, ao que responsabilizan dun “discurso de odio” do que non se retracta. Un acto que decorreu con motivo da presentación das alegacións por parte das alumnas ameazadas de expediente.

“A normativa á que recurre a USC para intentar sancionarnos data do ano 1954, e foi promulgada polo dictador Francisco Franco”

A concentración estaba convocada por 'Teteiros Ceives', alumnado do Máster de Igualdade, Xénero e Educación. Dúas faixas ('Luciano fóra da USC' e 'USC:normativa franquista') presidían a concentración. “Nin aulas existas nin normas franquistas”, un dos lemas máis coreados polas concentradas. Por que esta referencia á norma frabnquista? “A normativa á que recurre a USC para intentar sancionarnos data do ano 1954, e foi promulgada polo dictador Francisco Franco. A universidade pública non pode rexirse por unha normativa franquista e aínda menos utilizala para perseguir unha protesta ideolóxica en favor da igualdade”, afirman. A isto engaden que “todo o proceso disciplinario deuse de xeito opaco, sen garantías legais, imputando feitos inespecíficos”. Tpor iso, entenden que se atopan nunha situación de indefensión. Máxime cando a sanción pode acarrearlles, din, a perda da matrícula.

Luciano Méndez

Pola contra, consideran que a sanción que establece a USC a Luciano Méndez, 2 meses sen emprego e soldo, é “insuficiente”, pois o docente “tense reafirmado repetida e publicamente no seu discurso de odio”. Entenden que Méndez demostrou a súa incapacidade para dar aulas, “especialmente a mulleres novas”. O pasado mes de febreiro Luciano Méndez proferiu repetidos comentarios machistas contra unha alumna, diante dela e do resto do alumnado,. Esta, acompañada doutras compañeiras, presentou unha denuncia na universidade

Escotímetro

No acto que decorreu na Praza do Obradoiro, unha moza caracterizada como se for Luciano Méndez adicouse a medir, cun “escotímetro”, o escote das participantes na concentración para ver se cumprían cos requisitos e desexos “machistas” do docente. Outra compañeira, caracterizada como Franco, axudáballe na tarefa e gababa as bondades da norma franquista que serve para sancionar as alumnas que protestaron contra Luciano Méndez.