Aranxa Vicens é activista

Aranxa Vicens: "Formamos sobre cuestións como por que está mal conmemorar o Día da Hispanidade"

Aranxa Vicens é unha activista antirracista do colectivo Resistencia En Terra Allea. A asociación está enfocada cara ao acompañamento de persoas migrantes en Compostela, á pedagoxía decolonial e á reivindicación dos dereitos das migrantes. A entidade acaba de pór en marcha unha escola antirracista, un proxecto que se desenvolverá na casa comunitaria Aluande e que ten como obxectivo principal “educar sobre colonialismo e colonialidade, feminismos non hexemónicos e fraxilidades brancas”.
Aranxa (segunda pola dereita, abaixo) e o resto de compañeiras do colectivo fomentan a pedagoxía decolonial. (Foto: Nós Diario) #hispanidade #aranxavicens #activismo #resistenciaenterraallea
photo_camera Aranxa (segunda pola dereita, abaixo) e o resto de compañeiras do colectivo fomentan a pedagoxía decolonial. (Foto: Nós Diario)
Comentarios