mércores 08/12/21
Ana Isabel Otero é concelleira de igualdade de Bueu

Ana Isabel Otero: “Intentamos involucrar todos os estamentos do concello na loita pola igualdade e o feminismo”

O concello de Bueu, a través da súa Concellaría de Igualdade, vén de elaborar e estrear un xogo de mesa que trata sobre a igualdade, destinado aos centros educativos da vila. Esta iniciativa está inserida na liña de colaboración estabelecida entre o Goberno local e a comunidade educativa de Bueu. O xogo foi deseñado pola empresa Andamiaxe con cargo aos fondos do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero do ano 2020. O xogo busca “erradicar o sexismo na sociedade e previr as violencias machistas”.
Ana Otero (cuarta pola esquerda) e o resto do Goberno de Bueu presentaron un xogo de mesa sobre igualdade. (Foto: Nós Diario) #igualdade #bueu #anaotero #feminismo
Ana Otero (cuarta pola esquerda) e o resto do Goberno de Bueu presentaron un xogo de mesa sobre igualdade. (Foto: Nós Diario)
Ana Isabel Otero: “Intentamos involucrar todos os estamentos do concello na loita pola...
comentarios