Adeus ao verán, benvida ao outono. Eis todo o que debes saber sobre a estación dos magostos

Cogomelos, que nacen principalmente no outono (Foto: Nós Diario)
O inicio do outono no hemisferio norte está definido polo instante en que a Terra pasa polo punto da súa órbita desde o cal o centro do Sol cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao sur.

En meteoroloxía, o outono comeza o 1 de setembro, con todo, o equinoccio de setembro dá paso ao outono astronómico no hemisferio norte, e á primavera no sur.

O outono de 2023 no hemisferio norte comezará este sábado, día 23 de setembro, ás 08.50 horas, segundo cálculos do Observatorio Astronómico. Esta estación durará aproximadamente 89 días e 21 horas, e terminará o 22 de decembro co comezo do inverno.

O inicio do outono no hemisferio norte está definido polo instante en que a Terra pasa polo punto da súa órbita desde o cal o centro do Sol cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao sur. O día en que isto acontece a duración do día e a noite practicamente coinciden. A esta circunstancia chámaselle tamén equinoccio de outono.

No momento en que o outono comeza no hemisferio norte, no hemisferio sur comeza a primavera.

Segundo o Observatorio Astronómico, haberá fenómenos de interese astronómico durante o outono de 2023 serán as choivas de meteoros das dracónidas, cuxo máximo se espera cara ao 8 de outubro, as oriónidas, con máximo cara ao 21 de outubro, as leónidas, con máximo cara ao 17 de novembro, e as xemínidas, con máximo cara ao 14 de decembro. As lúas cheas do outono terán lugar o 29 de setembro, o 28 de outubro o 27 de novembro.

O inicio do outono pode darse, como máximo, en catro datas distintas do calendario (do 21 ao 24 de setembro). Ao longo do século XXI o outono iniciarase nos días 22 e 23 de setembro (data oficial do Estado español). As variacións dun ano a outro son debidas ao modo en que encaixa a secuencia de anos segundo o calendario (uns bisestos, outros non) coa duración de cada órbita da Terra ao redor do Sol.

O inicio do outono é a época do ano en que a lonxitude do día se acurta máis rapidamente. Ás latitudes da península, o Sol sae polas mañás máis dun minuto despois que o día anterior, e pola tarde ponse máis dun minuto antes. Como consecuencia, ao comezo do outono, o tempo en que o Sol está por encima do horizonte diminúe case tres minutos cada día.

Cambio de hora

Aínda que tanto o Parlamento Europeo como a Comisión pronunciáronse a favor de eliminar os cambios de hora no futuro, aínda non existe unha decisión definitiva respecto diso.

Por iso, durante 2023 seguirá en vigor o cambio de hora que ten lugar o último domingo de outubro. Ese día, o 29 de outubro, ás 3 da madrugada hora peninsular atrasaremos os reloxos unha hora para volver marcar as 2.