Activistas trataron de dificultar as batidas de raposo en Triacastela e a Láncara

Hoxe tivo lugar o XXV Campionato Galego de caza do raposo, no que se presentaron arredor de corenta activistas animalistas que protestaron contra as batidas deste animal e trataron de dificultar a súa caza facendo ruído no monte. Sindicatos e asociacións ecoloxistas teñen reclamado á Xunta da Galiza a prohibición destas batidas, especialmente nas áreas afectadas pola praga da rata-toupa, da que o raposo é un predador natural.
Activistas ambientais concentráronse en Sarria en repulsa das batidas de raposo que tiveron lugar este sábado en Triacastela e a Láncara (Imaxe: Cedida)
photo_camera Activistas ambientais concentráronse en Sarria en repulsa das batidas de raposo que tiveron lugar este sábado en Triacastela e a Láncara (Imaxe: Cedida)
Comentarios