Xustiza

Multa de 2.280 euros para un home por sobar e bicar reiteradamente a unha camareira sen o seu consentimento

Cando a moza saíu a fumar fóra do estabelecemento, o home seguiuna, agarrándoa pola cintura e sobándoa, e aproximando a súa cara para darlle un bico. Así continuou un tempo, e chegou a coller a moza pola cabeza e bicala. Nun momento dado, meteuse na cociña con ela e continuou os tocamentos, até que un cliente da cafetaría axudou a botalo fóra.
O condenado, durante o xuízo, esta quinta feira. (Foto: Pedro Davila / Europa Press)
photo_camera O condenado, durante o xuízo, esta quinta feira. (Foto: Pedro Davila / Europa Press)
Comentarios