7.000 persoas en espera polo servizo de axuda no fogar mentres 35 maiores pasan cada día a vivir soas

Na Galiza hai 139.000 persoas maiores de 65 anos que viven soas, unha cifra que aumenta ano tras ano. Son agora 25% máis que hai case unha década, en 2013, cando este colectivo representaba 110.000 persoas. Ao tempo, o Servizo de Axuda do Fogar acumula unha lista de espera dunhas 7.000 persoas e a teleasistencia ten 1.500 en agarda.
Imaxe dunha persoa maior. (Foto: Xunta) #residencias #contaxios #coronavirus #domusvi #maiores #covid19
photo_camera 27% das persoas maiores de 65 anos que viven soas na Galiza teñen algún grao de dependencia. (Foto: Nós Diario)
Comentarios