Os 5 castros máis salientábeis da Galiza que debes visitar

Os 5 castros máis salientábeis da Galiza que debes visitar
Castros na Galiza: Descubre a cultura castrexa e programa a túa visita para estes 5 castros tan recoñecíbeis

Non é a primeira vez que escoitaredes o termo 'Galiza Máxica', unha terminoloxía que vai acorde co encanto natural que ten a nosa terra e a natureza que a rodea, tendo parte de 'culpa' deste encanto a poderosa Cultura Castrexa.

Galiza atesoura unha gran cantidade de asentamentos castrexos que, ao longo dos anos, fóronse escavando e engadindo á lista do noso patrimonio histórico e cultural.

Turismo rural na Galiza profunda: 7 lugares para perderse e desfrutar da natureza

 

Entre todos eles, presentámosvos algúns dos castros máis salientábeis para visitar nos que a natureza e a historia conflúen de forma perfecta.

Estes son cinco castros galegos que debes visitar:

¿Coñeces a orixe dos castros?

Os castros son restos de antigas cidades fortificadas, que poden atoparse nunha ampla zona do noroeste da Península Ibérica e algúns dos mellores exemplos atopámolos na Galiza.

O home viviu nestas terras desde épocas prehistóricas. Hoxe podemos seguir os seus pasos e reconstruír como era a súa vida grazas xustamente a este tipo de vestixios. Os castros máis antigos da cultura castrexa con desenvolvemento nos séculos VII e VI a. C., poderían ser os de Penalba ou Torroso na provincia de Pontevedra.

Aos nosos días chegaron os cementos das antigas casas que formaban estes poboados fortificados.

Os castros teñen na súa maioría planta circular e crese que tiñan teitos de ramas e barro. Estes poboados non tiñan vías ou rúas como as que coñecemos senón que eran simples agrupacións de habitacións ou casas.

O auxe dos zocos: Artesanía tradicional galega con tinte contemporáneo

 

Castro de San Cibrao de Las

Tamén coñecido como 'A Cidade', o Castro de San Cibrao de Las é un dos xacementos castrexos de maior tamaño dos que se están escavando na Galiza. Ocupado entre os séculos II a. C e II d. C, atópase a uns 20 quilómetros de Ourense e está formado por dous grandes recintos amurallados.

Atendendo á súa tipoloxía, pódese afirmar que se trata dun xacemento correspondente á etapa final da cultura castrexa, na que o proceso de romanización configurou unha sociedade cunha cultura definida, a coñecida tamén como cultura galaico-romana, na que o sistema social preexistente está nun proceso de cambio e adaptación ao sistema romano, de modo que ambas as culturas mestúranse.

No Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense atópanse os escasos achados de armas en San Cibrao de Las.

En San Cibrao instalouse ademáis o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, un centro de interpretación onde poder coñecer as chaves da Idade do Hierro e a Cultura Castrexa.

Castro de San Lourenzo

O Castro de San Lourenzo é un espazo arqueolóxico que se atopa na parroquia de San Pedro de Cereixa (Pobra de Brollón, Lugo).

Este castro foi construído polos romanos para traballar as importantes explotacións auríferas e férreas da zona e dominar as comunicacións.

Un aspecto interesante deste Castro de San Lourenzo, é que está 100% respaldado por un proxecto arqueolóxico veciñal.

Tal e como explican na súa Web:

Somos da opinión de que a promoción real dun turismo cultural sostíbel baseado na rendibilización socioeconómica do patrimonio arqueolóxico é posíbel, e en tempos de crise, aínda máis.

Este proxecto veciñal lévase a cabo por tres obxectivos moi concretos:

  1. A xeración dun recurso turístico sostíbel, de base patrimonial, o Castro de San Lourenzo, e outros puntos destacados da parroquia de Cereixa (Pobra do Brollón)
  2. Incentivar o empoderamento patrimonial da comunidade local de Cereixa
  3. Que sirva de campo de experimentación para a aplicación de novas tecnoloxías e estratexias de comunicación.
     
Cestería galega: Unha tradición que supera fronteiras e chega aos desfiles da moda

 

Castro de Viladonga

O Castro de Viladonga, declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta no ano 2009, destaca na paisaxe da Terra Chá lucense.

As escavacións iniciáronse a principios dos anos setenta do século XX, aínda que, na actualidade, continúan de forma periódica. En 1983, inaugurouse o seu museo, onde se explica o xacemento e expóñense as pezas descubertas nel.

O Castro de Viladonga conta con varias murallas e fosos, e o seu asentamento foi especialmente importante entre os séculos II e V d. C., na etapa galaico-romana.

Castro de Baroña

O Castro de Baroña está situado na parroquia de Baroña (municipio de Porto do Son, na provincia da Coruña).

O asentamento está construído nunha península, situándose a súa ocupación nos séculos I a. C. a I d. C. Posuía dúas murallas á súa ao redor e consérvanse vinte vivendas de planta circular ou oval.

As súas escavacións comezaron en 1933, aínda que duraron décadas.

A partir de maio de 2012 comezaron a realizarse as obras de rehabilitación que permiten gozar deste percorrido a través das súas vinte construcións dispostas en forma circular e protexidas por murallas.

Alternativas ao Entroido na Galiza 2020: Descubre 4 plans alternativos e disfruta

 

Castro de Santa Trega

Na Guarda (Pontevedra), atópase o que probablemente sexa o castro máis famoso da comunidade galega: o castro de Santa Trega, tamén coñecido como castro de Santa Tegra.

Foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1931. Podemos percorrer as súas rúas, visitar algunha das casas reconstruídas, tal e como foron na antigüidade, e o museo arqueolóxico onde se expoñen os obxectos achados nel.

A proba dunha presenza humana aproximadamente 2.000 anos antes da construción do asentamento é confirmada polos petróglifos ou gravados rupestres que se deixan en varios lugares desa área. Moitos destes petróglifos estaban ocultos por estruturas levantadas durante a construción do forte.

A cultura castrexa na Galiza agárdate, ¿aínda non planificaches a visita?

Entroido na Galiza 2020: Ruta polos entroidos galegos máis salientábeis