Estas son as 15 mobilizacións convocadas hoxe na Galiza en solidariedade con Palestina

Concentración a favor de Palestina o pasado 10 de outubro en Compostela. (Foto: Mar de Lumes).

Baixo o lema ‘Liberdade para a Palestina’, ás 20 horas terán lugar as concentracións.

15 cidades e vilas galegas acollen esta segunda feira de 16 de outubro concentracións de solidariedade con Palestina, diante da nova fase de agresións do Estado de Israel.

As mobilizacións están convocadas por diversos colectivos galegos de apoio ao pobo palestino, entre eles Mar de Lumes, Galiza por Palestina ou a Asociación Galaico Árabe  Jenin, que integra a comunidade palestina residente na Galiza.

Os actos arrancarán as 20:00 horas baixo o lema “Liberdade para a Palestina’ e terán lugar nos seguintes emprazamentos:   

- A Coruña: Obelisco

- A Estrada: Praza do Concello

- A Guarda: Praza Avelino Vicente

- Burela: Praza do Concello

- Compostela: Praza do Toural

- Ferrol: Praza do concello

- Lugo: Praza Maior (diante do concello)

- Lalín: Praza da Igrexa

- Monforte: Praza de España

- Ourense: Rúa do Paseo (Subdelegación de Defensa)

- Ponteareas: Diante do Concello

- Pontedeume: Praza do Concello

- Pontevedra: Praza da Peregrina

- Ribeira: Praza do Concello

- Vigo: Farola de Urzaiz

"Limpeza étnica”

As entidades organizadoras destes actos denuncian que “o pobo palestino está a sufrir xenocidio e limpeza étnica. Afronta, desde hai décadas, ataques contra a súa terra, a súa identidade e a súa cultura”.

Os colectivos denuncian “crimes contra a humanidade que deben ser detidos de inmediato. A maquinaria israelí de guerra e destrución viola os principios humanos máis básicos e está dirixida a civís”.

As continúas agresións do Estado do Israel buscan provocar una limpeza étnica, até o punto de que máis de seis millóns de persoas do pobo palestino “víronse na obriga de vivir durante décadas en refuxios, na diáspora e no exilio, mentres que milleiros de persoas presas, incluídas crianzas, languidecen nos centros e campamentos de detención”.